SERVIZOS DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR TURÍSTICO
Se aínda non coñeces a importancia da tradución no sector turístico…
Cóntoche algúns dos retos que encara e como abordalos.

Adaptación cultural
Por exemplo, no ámbito da restauración, podes resolver moitos malentendidos e problemas comunicativos se traducires o menú da túa carta a varios idiomas (non só a inglés).
Ademais, é importante saber que as traducións non deben ser literais, mais todo o contrario, cómpre ter en conta as diferenzas culturais.
Porque traducir polvo á feira como octopus to the party non está ben e aposto que máis dunha persoa o ten visto nalgún menú ou no letreiro de entrada dalgún restaurante.

Terminoloxía específica
A tradución turística débese adaptar a un vocabulario especializado, que inclúe nomes de lugares, eventos e servizos.
Existen matices fundamentais que poden perderse cando a tradución non é correcta.

Coherencia de marca
Manter unha voz e estilo coherentes en todas as traducións é fundamental para a imaxe de marca.
A tradución turística tamén deben expresar os valores da marca e reflectir a súa autoridade

Formatos diversos
O contido turístico é presentado en múltiples formatos: folletos, sitios web, aplicacións móbiles, catálogos, etc. e cada un deles presenta os seus propios desafíos de tradución.

Integración de tecnoloxías e ferramentas de tradución
O uso de tecnoloxías, como a tradución automática, debe ser equilibrado coa intervención humana para garantir a calidade, xa que este tipo de ferramentas non sempre capta os matices culturais ou estilísticos.
Que implican os erros de tradución no sector turístico?
- A tradución literal sen adaptación cultural pode provocar unha desconexión no público destinatario e, o que debería ser unha experiencia gozosa, devén mediocridade na maioría dos casos.
Por exemplo, que unha persoa non sexa quen de comprender un menú implica dificultades para saber o que pode comer, co conseguinte empeoramento da experiencia gastronómica.
- A incorrecta tradución da terminoloxía específica pode levar a confusión e desinformación.
Imaxina que unha persoa non comprende correctamente o significado de “todo incluído”; isto desemboca en expectativas erradas ou a que esa persoa se sinta enganada, o que podería ter un resultado negativo sobre a reputación do teu negocio.
- Unha comunicación que non poña en valor o uso da nosa lingua pode ser percibida peor entre as persoas locais e foráneas interesadas na nosa cultura.
- A inconsistencia no ton e estilo das traducións pode minar a confianza e a lealdade coa empresa.
Un sitio web en diferentes idiomas que varían drasticamente en estilo e formalidade pode diminuír a credibilidade da empresa.
- Non adaptar correctamente as traducións a diferentes formatos pode provocar unha mala experiencia de usuario e influír negativamente na satisfacción do cliente.
- Depender de máis da tradución automática sen revisión humana pode levar a erros na calidade e precisión do contido, danando dese xeito a imaxe profesional da empresa.
Tradución de sitios web de turismo
Hoxe en día, ter un sitio web multilingüe é fundamental para atraer visitantes internacionais.
Por iso ofrezo os meus servizos de tradución profesional para este tipo de webs, co obxectivo de precisar toda a información relacionada con destinos, reserva de aloxamentos, etc.
Tradución de contido para blogs de viaxes
Trátase doutra ferramenta poderosa para inspirar e atraer visitantes.
O teu blog de viaxes pode chegar a unha audiencia moito maior, conectando por medio do ton e da emoción para os lectores verse a si mesmos xa neses lugares soñados.
Tradutor de publicidade para destinos turísticos
Impactar na atención da persoa é fundamental para axudala a tomar unha decisión relevante, para ela e para nós.
Por iso traduzo materiais publicitarios, desde anuncios en redes sociais até folletos, asegurando unha mensaxe atractiva e convincente en cada idioma.
Comprendo as sutilezas culturais e lingüísticas necesarias para crear campañas que cheguen a diferentes audiencias, axudando a aumentar a atracción e o interese por un destino particular.
Tradución turística no sector da restauración
A gastronomía é unha parte fundamental da experiencia turística.
Ofrezo servizos de tradución para menús e cartas de restaurantes, de maneira que cada comida soe tan deliciosa en inglés, como en galego, castelán, francés ou portugués.
Unha tradución precisa e evocativa pode facer que as persoas se sintan máis inclinadas e cómodas á hora de probar a gastronomía local, mellora a súa experiencia culinaria e a satisfacción do cliente.

Son Adrián Levices, profesional da tradución
A tradución turística é un ámbito da tradución que me gusta, porque incorpora matices e xogos de palabras que requiren dun amplo coñecemento lexical e lingüístico.
Galicia é unha terra que recibe moitos visitantes, xa que por aquí pasa e remata o famoso Camiño de Santiago.
Aquí o turismo adopta matices distintos:
Por un lado están os visitantes que veñen a coñecer as nosas paisaxes, cultura e a nosa gastronomía.
- E por outro lado están os peregrinos que veñen a completar o Camiño.
Non podo negar a influencia que todos estes factores exercen en min e no meu traballo.
Siempre encuentra las palabras justas y entiende perfectamente el contexto. Muy satisfecho con su trabajo. ¡Totalmente recomendable!
Comezamos agora coa tradución turística?
Se queres contratar os meus servizos de tradutor ou solicitar unha cotización de tradución personalizada, ponte en contacto comigo.