SERVIZOS DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR VITIVINÍCOLA
Galicia é coñecida polo sector do viño, especialmente grazas a zonas como a Ribeira Sacra, onde existen ducias de adegas cun importante potencial de expansión a nivel nacional e internacional.
Este contexto fai que existan necesidades asociadas á tradución dos seus produtos e servizos. Algunhas das necesidades concretas relacionadas coa tradución para o sector do viño son as seguintes:

Tradución de terminoloxía específica do viño
A tradución no sector vinícola ten unha terminoloxía específica que pode variar entre rexións e países. Por iso palabras como “taninos”, “vendima” ou “debagar” acollen matices que deben ser traducidos correctamente para manter a precisión e autenticidade.

Adaptación sectorial
Como tradutor de contido enolóxico, tamén son consciente de que os textos promocionais e de márketing deben adaptarse culturalmente ao mercado en cuestión. De aí a importancia de traducir campañas publicitarias, etiquetas, descricións de produtos, notas de cata, etc.

Preservación do patrimonio e identidade das adegas
Moitas adegas de viño da Ribeira Sacra teñen unha profunda historia e un forte vínculo coa cultura galega. Saber transmitir estes elementos identitarios da terra é para min un aspecto fundamental que sempre levo en conta

Tradución de contidos técnicos e científicos
En ocasións, as adegas precisan traducir artigos técnicos e estudos de ámbito científico e de investigación, relacionados coa viticultura e a enoloxía. Nestes casos, traduzo coidadosamente e axústome ás necesidades específicas e aos tecnicismos correspondentes.

Turismo de viños
A Ribeira Sacra é unha rexión cun crecente turismo enolóxico, un ámbito que está a xerar novas demandas de traducións, como a tradución de guías turísticas, descricións de excursións, experiencias de cata e outros materiais promocionais.
Que provocan as traducións enolóxicas de baixa calidade
- Unha tradución inexacta pode provocar malentendidos sobre o proceso de produción, a calidade do viño e as súas características únicas, influír negativamente na percepción do consumidor e ter un impacto non desexado nas vendas.
- Sen unha adaptación adecuada ao sector en concreto, as traducións resultarán pouco profesionais e o resultado carecerá, obviamente, da calidade que merece.
- Os elementos identitarios de cada adega tamén son importantes desde o aspecto tradutolóxico. Se non se coidan estes elementos, a marca pode afastarse da mensaxe que a identifica e diferenza, ademais de perder a súa identidade única en mercados estranxeiros.
- A mala tradución dos contidos técnicos ou científicos tamén pode influír negativamente sobre a reputación da adega.
- Unha tradución pouco atractiva ou incorrecta pode provocar unha perda de visitantes potenciais e redundar de maneira non desexada sobre o enoturismo asociado á adega.
Posiciónate como un negocio confiable e de alta calidade
Quero que saibas que non ofrezo meros servizos de tradución,
senón que che ofrezo solucións concretas e individualizadas
para proxectares unha imaxe profesional.
O obxectivo é que poidas sobresaír no mercado nacional e internacional.
E para iso, estes son os meus servizos de tradución para o sector do viño:
- Tradución de sitios web de adegas.
- Tradución de artigos e blogs sobre viño.
- Guías e revistas de viños.
- Manuais de enoloxía para adegas.
- Valoracións e críticas de viños.
- Presentacións corporativas para adegas.

Son Adrián Levices, profesional da tradución
Gústame moito todo o relacionado coa enoloxía e a viticultura, por iso fago traducións para o sector do viño.
Crecín rodeado de vides e desde pequeno coñezo o proceso da elaboración do viño, desde as etapas da planta, os tratamentos e as distintas etapas no proceso de vinificación.
Testemuños ou proba social
Traducín guías, folletos, webs, cartas… Empresas que querían actualizar as súas webs contaron comigo para traducir os seus contidos, onde describían as características e a localización das vides, as particularidades da paisaxe e dos chans e describían os traballos que realizan no interior das súas adegas.
Fixen locucións de texto onde falaba dos distintos concellos da Ribeira Sacra, os seus puntos turísticos de interese, a súa historia e, como non, do sector do viño.
Colaborei na creación da “Guía do viticultor”, unha publicación en galego que recolle información práctica do sector, como:
- Os factores para planificar unha plantación.
- A poda e a formación das vides.
- As principais enfermidades das vides.
- A elaboración de viños brancos e viños tintos.
- O calendario lunar.
