SERVIZOS DE TRADUCIÓN WEB

Fago a tradución das túas páxinas web de forma profesional

Imaxina que investiches tempo e recursos en crear un sitio web único, mais despois decátaste de que as traducións non se axustan á túa audiencia, os matices culturais pérdense, a web non aparece nas buscas…

 

Que pode provocar todo isto?

O que pode provocar é a perda directa de moitos clientes potenciais e unha imaxe de marca debilitada.

Consecuencias de non realizar unha tradución profesional

Perda de contexto cultural

Traducir palabra por palabra sen considerar as sutilezas culturais pode provocar malentendidos e falta de conexión.

Por exemplo, en Galicia, determinados termos, expresións ou referencias, poden ter connotacións diferentes ou carecer de significado fóra do contexto local.

Isto non só afecta a eficacia da comunicación, mais tamén pode danar a imaxe da marca.

SEO multilingüe deficiente

Na tradución web, o contido traducido non sempre é optimizado adecuadamente para os motores de busca no idioma albo, o que pode levar a unha visibilidade pobre nas buscas locais.

Incoherencia na terminoloxía

Ao traducir unha páxina web, a falta de coherencia terminolóxica pode confundir os usuarios e transmitir unha

Por exemplo, os sitios web que utilizan termos técnicos, legais ou específicos do sector precisan presentar unha terminoloxía coherente en todas as páxinas.

Mala experiencia de usuario (UX):

A tradución literal pode romper a coherencia do deseño web e influír negativamente sobre a usabilidade e a experiencia de usuario.

Os idiomas varían en lonxitude de palabras e estrutura de frases. Por exemplo, o galego e o castelán adoitan presentar estruturas máis longas có inglés, o que pode provocar problemas de espazo en menús, botóns ou títulos.

Erros gramaticais e ortográficos

Na tradución dunha páxina web mesmo os erros gramaticais e ortográficos máis pequenos poden ser facilmente perceptibles e dar unha impresión de descoido. 

Cos meus servizos de tradución aseguro uns resultados superiores á media.

    Como tradutor profesional e especialista en tradución web, garanto que os teus textos:

    • Estarán perfectamente traducidos.
    • Recollerán os matices necesarios para conectar coa túa audiencia.
    • Ademais, a túa web será visible nas buscas locais.
    • Ocupareime de cada detalle para a experiencia de usuario ser coherente e agradábel.
    • Ademais, asegurareime de manter unha terminoloxía coherente que evite calquera tipo de confusión e gralla.

     

    O teu sitio web merece unha tradución que manteña a calidade e profesionalidade que queres transmitir.

    adrian_web

    Son Adrián Levices, profesional da tradución

    Son unha persoa inquieta en constante aprendizaxe e mellora, tanto no ámbito persoal como profesional.

    Por iso, sigo formándome para poder ofrecer un servizo máis completo e profesional cada vez.

    De agora en diante, ademais de traducir as páxinas web desde dentro, ofrecerei tamén o servizo de maquetación de textos, para que este proceso no te amole.

    Tes que traducir a túa web?

    Se queres contratar os meus servizos de tradutor ou solicitar un orzamento de tradución á medida, ponte en contacto comigo agora.

    Resumen de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdanse no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve á nosa web ou axudar o noso equipo a comprender que seccións da web encontra máis interesantes e útiles.

    Cookies estritamente necesarias

    As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as súas preferencias de axustes de cookies.

    Se desactiva esta cookie non poderemos gardar as súas preferencias. Isto significa que cada vez que visite esta web terá que activar ou desactivar as cookies de novo.